Cast Away é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Robert Zemeckis. Está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a un empregado de FedEx que loita por sobrevivir nunha illa deserta no medio do enorme océano Pacífico despois de que o seu avión se estrelase. O filme recolle os seus intentos por sobrevivir na illa facendo uso dos restos do cargamento do avión. Foi un éxito comercial e da crítica, e Hanks foi nomeado ao Oscar ó mellor actor na 73ª edición dos Premios da Academia pola súa actuación.[1]
En 1995, Chuck Noland (Tom Hanks) é un hiperactivo executivo que vive inmerso no seu traballo nunha empresa de transporte urxente (Fedex) onde os reloxos son a pauta da súa axitada vida, a súa noiva incondicional apenas pode compartir tempo con el. Toda a súa vida baséase en minutos e cumprimentos de entregas e supervisa o mesmo cada operación de importancia. A súa lema é que o home vive en función do tempo. A pesar da súa axitada vida, Noland ten unha noiva incondicional, Kelly (Helen Hunt), unha estudante universitaria coa que pasa algunhas horas. En Nadal, Noland dálle un agasallo a Kelly (aparentemente un anel de compromisos) e ela regálalle un reloxo de peto coa súa foto no anverso da tapa. Noland ten que ir ás Hawai e volver en 8 días máis e aborda un avión de Fedex.
A súa vida fai un brusco cambio radical cando o avión un MD-11 no que viaxa, métese nunha tormenta non prevista sobre o océano Pacífico e logo dunha despresurización explosiva, cae ao mar sendo el o único que sobrevive. Noland aférrase a unha balsa e déixase conducir polas mareas e empeza a tomar conciencia de que é o único sobrevivente.
O filme non foi rodado de xeito consecutivo. Hanks gañou 50 libras durante a pre-produción para aparentar un repoludo home de idade media. Despois de que gran parte do filme fose rodado, a produción foi interrompida por un ano para que puidese perder o peso de máis e deixar medrar o cabelo e a barba, de xeito que semellase que levaba vivindo varios anos na illa. Durante o hiato dun ano, Zemeckis usou o mesmo persoal para facer outro filme, What Lies Beneath.[1]
Cast Away foi rodado en Monuriki, unha das illas Mamanuca de Fiji.[2] Está nun subgrupo do arquipélago de Mamanuca, que está sitaudo ó longo da costa de Viti Levu, a meirande illa de Fiji. A illa converteuse nunha atracción turística despois da estrea do filme. Malia que na historia é identificada por Kelly como unha illa "a 600 millas ó sur das Illas Cook," en realidade non hai terra entre a illa de Mangaia, a máis meridional das illas Cook, e a Antártida. A historia comeza e remata esencialmente no mesmo lugar, preto dun rancho de Texas ó sur da cidade de Canadian.
Os produtores elaboraron unha lista de obxectos aparentemente inútiles que poderían atoparse nos paquetes que atopa Nolan: un vestido de festa, patíns sobre xeo, papeis de divorcio, cintas de vídeo, e outros artigos diversos. Eles trasladaron esta lista a un grupo de expertos para que decidisen de que xeito podería empregar o protagonista estes obxectos para sobrevivir
O orzamento do filme foi de $90000000 e tivo unha recadación de $429632142, conseguindo só na primeira semana $28883406.