Saltar ao contido

Netflix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Netflix
Logotipo
Imaxe
 Parte de
 Composto por
Netflix Direct (en) Traducir (5 de novembro de 2020 - )
Netflix Finland (en) Traducir (18 de outubro de 2012 - )
Netflix Denmark (en) Traducir (16 de outubro de 2012 - )
Netflix Norway (en) Traducir (17 de outubro de 2012 - )
Netflix Russia (en) Traducir (xaneiro de 2020 - )
Netflix Sweden (en) Traducir (15 de outubro de 2012 - )
Netflix Iceland (en) Traducir (6 de xaneiro de 2016 - ) Editar o valor en Wikidata
 Lingua usada
 Medio usado
Implicados
 Fundador/a
 Operador/a
 Presidente/a
Ted Sarandos (pt) Traducir 2020 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Distribuidor/a
Economía e industria
Datas
 Fundación / creación
2007
29 de agosto de 1997 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Nomeamentos
Localización
 Sede
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/017rf_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: co0825975 Facebook: netflix Twitter: netflix Instagram: netflix Bluesky: netflix.com Tumblr: netflix Youtube: UCWOA1ZGywLbqmigxE4Qlvuw Pinterest: netflix TikTok: netflix Twitch: Netflix Last fm: Netflix GitHub: Netflix Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por Internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California. Comezou o seu servizo baseado en subscrición en 1999. Para o ano 2009, Netflix estaba a ofertar unha colección de 100 000 títulos en DVD e posuía máis de 10 millóns de clientes subscritores. O 25 de febreiro de 2007, Netflix entregou o DVD número mil millóns. En abril de 2011, Netflix superou a cifra de 23 millóns de subscritores, que se converteron en máis de 60 millóns no ano 2015.[1]

O 20 de outubro de 2015, Netflix chegou a Galicia. En xaneiro de 2016, a empresa expandiuse pola maioría dos países do mundo, chegando a máis de 190.[2]

Netflix estreou internacionalmente a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma o 29 de marzo de 2019: O sabor das margaridas.[3]

Tras a invasión rusa de Ucraína en 2022, o 4 de marzo de 2022, Netflix anunciou que puxo en pausa todos os futuros proxectos e adquisicións de Rusia.[4] Dous días despois, o 6 de marzo de 2022, Netflix anunciou que suspendería o seu servizo en Rusia.[5]

  1. "Netflix earnings crushing millestones.".
  2. "Netflix Is Now Available Around the World". Consultado o 23 marzo 2016.
  3. "Netflix estrea 'O sabor das margaridas', a primeira serie en galego da plataforma". El Progreso. 29/3/2019.
  4. "Netflix pauses future projects in Russia" (en inglés). 2022-03-02. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2022. Consultado o 2022-03-04.
  5. Lang, Brent (2022-03-06). "Netflix Suspends Service in Russia Amid Invasion of Ukraine". Variety (Penske Media Corporation). Consultado o 2022-03-06.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]