Saltar ao contido

Todo sobre Eva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todo sobre Eva
Logotipo
Imaxe
Póster de filme
(1950)
 Instancia de
 Parte de
 Título
All About Eve (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Obra derivada
Applause (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Colección
 Formato de distribución
 Cor
 Formato de imaxe
 Ambientado en
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Economía e industria
Custo1400000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación8400000 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
15 de xaneiro de 1951 (Suecia)
13 de outubro de 1950 (Nova York)
7 de decembro de 1950 (Londres)
22 de outubro de 1950 (Kansas City)
27 de outubro de 1950 (Estados Unidos de América)
3 de novembro de 1950 (Canadá)
1950 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración138 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 Colección
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
 Puntuación da crítica
98/100 Metacritic (11 de xaneiro de 2026)
99% Rotten Tomatoes (11 de xaneiro de 2026)
9.3/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316751626 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-1BD7-0000-R-0000-0000-U Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bj25 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0042192 Filmaffinity: 412657 Allocine: 1596 Rottentomatoes: m/1000626-all_about_eve Mojo: allabouteve Allmovie: v1546 TCM: 67044 Metacritic: movie/all-about-eve TV.com: movies/all-about-eve Netlix: 242142 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Todo sobre Eva (en inglés, All About Eve) é un filme do director Joseph L. Mankiewicz que conta a historia dunha recoñecida mais madura actriz de Broadway, Margo Channing, e a ambiciosa fan Eve Harrington.

Protagonizado por Bette Davis e Anne Baxter tamén lle deu a Marilyn Monroe un dos seus primeiros papeis de importancia.

Emitiuse en galego na TVG o 5 de maio de 2000.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Nunha entrega de premios, Eve Harrington recibe o premio Sarah Siddons pola súa interpretación en Footsteps on the Ceiling. O crítico teatral Addison DeWitt observa o momento e cunha sarcástica voz en off conta o ascenso de Eve como actriz teatral.

Un ano antes Margo Channing é unha das maiores estrelas do teatro de Broadway, mais acaba de cumprir corenta anos e sabe que supón iso para a súa carreira. Tras unha función, Karen Richards, amiga íntima de Margo, coñece a súa fan Eve Harrington na porta do teatro. Karen lévaa a coñecer a Margo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O argumento de Todo sobre Eva procede dunha anécdota que a actriz Elisabeth Bergner contou a Mary Orr e que esta converteu nun relato breve.

Mankiewicz buscaba unha historia sobre unha actriz que estaba a envellecer e tras ler "The Wisdom of Eve", informou a Darryl F. Zanuck que podía combinar as dúas historias, suxerindo a Susan Hayward como protagonista.

Finalmente Hayward foi descartada por Zanuck por ser "demasiado nova", Marlene Dietrich, por ser "demasiado alemá", e Gertrude Lawrence, porque o seu avogado insistiu en que non podía beber nin fumar no filme e que había que modificar o guión para que cantase unha canción.[2] Zanuck pensou en Barbara Stanwyck, mais non estaba dispoñible. Tamén foron consideradas Tallulah Bankhead, Ingrid Bergman e Joan Crawford,[3] que xa estaba traballando en The Damned Don't Cry.

O papel foi finalmente para Claudette Colbert, mais sufriu unha lesión grave no lombo e tivo que abandonar ao pouco tempo de comezar a rodaxe. Finalmente foi escollida Bette Davis,[2] que aceptou inmediatamente. Tras contratar a Davis, Mankiewicz revisou o guión para converter a Margo nunha persoa máis abrasiva.

Anne Baxter, que gañara o Oscar á mellor actriz secundaria en 1946 conseguiu o papel de Eve Harrington despois de que a escollida, Jeanne Crain, quedase embarazada.

Crítica e premios

[editar | editar a fonte]

Todo sobre Eva recibiu críticas positivas desde a súa estrea en Nova York o 13 de outubro de 1950.[4][5] O seu gran competidor ese ano foi o filme de Billy Wilder Sunset Boulevard.

Na 23ª edición dos Oscar, Todo sobre Eva conseguiu catorce candidaturas, récord que igualou Titanic corenta e sete anos máis tarde.[6] Gañou os premios ao mellor filme, director, actor secundario, guión, vestiario e son. Ademais continúa a ser (no 2022) o único filme con catro actrices candidatas ao Óscar.

Gañou tamén o Globo de Ouro ao mellor guión e o BAFTA ao mellor filme. No Festival de Cannes gañou o Gran Premio do Xurado e o premio á mellor actriz para Bette Davis.

  1. "Televisión". ABC. 29 de abril de 2000. Consultado o 15 de setembro de 2015.
  2. 1 2 TCM "Notes" on TCM.com
  3. "Legendaryjoancrawford.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2015.
  4. Crowther, Bosley. "Movie Review - All About Eve" New York Times (14 de outubro de 1950)
  5. Ebert, Roger "All About Eve (1950)" Arquivado 09 de xullo de 2007 en Wayback Machine. Chicago Sun-Times (11 de xuño de 2000)
  6. Na 89ª edición dos Oscar, tamén igualou o récord o filme La La Land.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]