Este artigo amosa letras cherokees. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O Cherokee Phoenix (en cherokee:Ꮳꮃꭹ Ꮷꮄꭿꮜꮕꭿ, Tsalagi Tsulehisanvhi) foi o primeiro xornal publicado por nativos americanos nos Estados Unidos de América e o primeiro en ser escrito nunha lingua nativa americana.[1][2] O primeiro exemplar foi publicado en inglés e en cherokee o 21 de febreiro de 1828, en New Echota, capital da antiga Nación Cherokee (na actual Xeorxia). O xornal continuou até 1834, e no século XX foi revivido de novo, publicando na actualidade versións impresas e dixitais dos seus exemplares.